Wednesday 15 de May de 2024

Mellora de camiños na parroquia de Sanisidro


Ao abeiro da Resolución do 20 de novembro da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), pola que se aprobaba o Plan marco do Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, o concello da Pobra do Caramiñal elaborou o proxecto “MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL” a través do cal vanse levar a cabo diferentes actuacións polas parroquias do noso concello quese dividen en 3 tipos segundo as obras que se van levar a cabo e que contemplan as seguintes:

Tipo 1.-:Coviña-Banda O Río, Camiño do Castro, Inmediacións do “camiño da Recosta”, Camiño Río Triñáns-Portocarro, Camiño San Lázaro-Portocarro, Coviña-Mirandela (acceso vivendas).

• Apertura de cunetas en todo tipo de terreo con aporte de terra se fora necesario, perfilado de taludes por ámbolas dúas marxes e retirada de sobrantes a vertedoiro.
• Execución de barrido, acondicionamento da explanación, nivelación e rasanteo para recibir o afirmado.
• Acondicionamento e recheo consistente en estendido de 15 cm de zahorra.
• Firme con grava para posterior capa de rego asfáltico.
• Triplo rego asfáltico con limpeza previa de vía mediante barredora e auga, e posterior pavimentación con rego de imprimación, rego de curado e posterior retirada de gravilla solta.

Tipo 2.-: Camiño de Paio.

• Apertura de cunetas en todo tipo de terreo con aporte de terra se fora necesario, perfilado de taludes por ámbolas dúas marxes e retirada de sobrantes a vertedoiro.
• Execución de barrido, acondicionamento da explanación, nivelación e rasanteo para recibir o afirmado.
• Triplo rego asfáltico con limpeza previa de vía mediante barredora e auga, e posterior pavimentación con rego de imprimación, rego de curado e posterior retirada de gravilla solta.
• Outra zona con pavimento aglomerado asfáltico en quente de 6 cm incluso regos de imprimación e adherencia.
• Canalización de pluviais en tubaria de PVC de parede corrugada dobre de 200 mm de diámetro con instalación en zanxa.

Tipo 3.-: Camiño en Alto de Pumadiño.

• Apertura de cunetas en todo tipo de terreo con aporte de terra se fora necesario, perfilado de taludes por ámbolas dúas marxes e retirada de sobrantes a vertedoiro.
• Execución de barrido, acondicionamento da explanación, nivelación e rasanteo para recibir o afirmado.
• Acondicionamento e recheo consistente en estendido de 15 cm de zahorra.

Ao noso concello correspondéronlle, segundo os criterios de distribución aprobados na Resolución do 20 de novembro, 66.618,00 € que é o orzamento do proxecto que aquí se presenta.
O prazo estimado de execución destas obras é de tres meses e estas darán comezo, tan pronto unha vez que AGADER de aprobación á solicitude feita.
Desde o concello seguen a traballar para que os nosos veciños conten cos mellores servizos e infraestruturas.